Pasan a disposición xudicial dous detidos polo apuñalamento dun mozo na Coruña

O mozo, ferido de gravidade, atópase nun hospital da cidade.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/01/2022 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

Dúas persoas detidas tras o apuñalamento dun mozo na Coruña pasaron a disposición xudicial, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Inicialmente, fontes consultadas por Europa Press, confirmaron a detención na tarde do sábado dun home como presunto autor do apuñalamento do mozo, ferido de gravidade e ingresado nun hospital da cidade. Posteriormente, ratificaron a detención de dúas persoas.

O suceso ocorreu nunha zona de copas da Coruña, na madrugada do venres ao sábado. En concreto, ocorreu pasadas as 3,00 da mañá na zona de Orzán e nunha agresión con arma branca.

Por mor do ocorrido, a Policía Nacional puxo en marcha unha investigación para identificar e deter aos presuntos implicados nos feitos.

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta