Paralizan a corta de árbores na Universidade Laboral de Ourense ante as críticas da cidadanía

Amigas das Árbores valora positivamente a paralización das actuacións pero pide dirimir responsabilidades.

Por Galicia Confidencial | OURENSE | 17/01/2022 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

A corta das árbores da Universidade Laboral de Ourense, denunciada pola Sociedade Galega de HIstoria Natural e Amigas das Árbores, vén de ser paralizada ante as críticas polo que as organizacións ambientalistas denominan "arboricidio". "Aínda que moi tarde consideramos positivo que ordenen a paralización da corta polo pé das árbores que quedan", valoran dende Amigas das Árbores.

Protesta pola corta das árbores da Universidade de Ourense
Protesta pola corta das árbores da Universidade de Ourense | Fonte: Amigas das Árbores

Precisamente esta entidada convocou na mañá de hoxe unha quedada na entrada principal da Laboral para esixir a paralización das actuacións e a restauración da "desfeita". No acto plantaron tres árbores no recinto e nel participaron profesorado e alumnado, polo que Amigas das Árbores agradeceu o seu "apoio e mobilización".

Agora, coas actuacións paralizadas, a entidade conservacionista demanda que se diriman responsabilidades. "Hai responsabilidade de quen solicitou, organizou, executou, quen non realizou o correspondente seguimento das actuacións e quen permitiu o estrago", zanxan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta