Por E.P. | Santiago de Compostela | 17/01/2022 | Actualizada ás 18:50
O titular do Xulgado de Instrución número 4 da Coruña, en funcións de garda, decretou prisión provisional comunicada e sen fianza por un suposto delito de lesións para un dos dous detidos polo apuñalamento dun mozo na Coruña, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
No caso do outro detido, quedou en liberdade con comparecencias quincenais no xulgado. Segue investigado na causa e pendente de confirmar ao longo da instrución o delito, precisaron as mesmas fontes.
O suceso ocorreu nunha zona de copas da Coruña, en concreto no Orzán, na madrugada do venres ao sábado, pasadas as tres da madrugada.
Por estes feitos, detívose ao presunto autor do apuñalamento do novo, ferido de gravidade e ingresado nun hospital da cidade, así como a outra persoa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.