Temas: POIO DETENCIóN

Detido un mozo de 21 anos acusado de maltratar de forma reiterada aos seus avós

Tiña unha orde de afastamento.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/01/2022 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

A Policía Local de Poio detivo a un mozo de 21 anos de idade e veciño deste concello pontevedrés acusado de maltratar de forma reiterada aos seus avós.

Unha persoa maior toma unha máscara entre as súas mans. USC
Unha persoa maior toma unha máscara entre as súas mans. USC

Segundo informaron fontes da Xefatura da Policía Local, este mozo conta con antecedentes policiais por, polo menos, cinco episodios de malos tratos e ten en vigor unha orde de afastamento que lle impide achegarse aos seus avós. Con todo, o pasado sábado, día 15 de xaneiro incumpriu esa prohibición e volveu agredilos.

Estas fontes explicaron que, sobre as 19.20 horas do sábado, os axentes tiveron coñecemento do ocorrido a través dunha chamada realizada ao 112 e desprazáronse ao lugar, onde comprobaron que os avós tiñan lesións e eran vítimas duns malos tratos habituais, procedendo á detención do neto.

Nesta ocasión o mozo foi arrestado por un delito de violencia no ámbito familiar e este luns foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, que o deixou en liberdade en calidade de investigado.

Temas: POIO DETENCIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta