Galicia ten xa unha incidencia de casos covid maior a do Estado; 3.464 casos por 100.000 habitantes

Galicia suma xa case 74.000 contaxiados de Covid, aínda que os casos diarios baixan dos 5.000

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2022 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado luns 17 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días de Galicia ascende a 3.464,44 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3.397,6 de media en España.

Varias persoas fan cola para facerse PCR, nun punto móbil de PCR gratuítas no Naútico de Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Varias persoas fan cola para facerse PCR, nun punto móbil de PCR gratuítas no Naútico de Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Os novos contaxios de Covid-19 seguen en descenso en Galicia, cuns 4.700 que supoñen 200 menos que no inicio desta semana, aínda que os casos activos deste coronavirus ascenden a 73.688 --algo máis dun milleiro que a xornada anterior. Os pacientes hospitalizados por este coronavirus tamén baixan ata o 602 --oito menos-- e a taxa de positividade cae a un 16% no conxunto de Galicia

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do luns, descenden a 53 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --una menos-- e a 549 as hospitalizadas noutras unidades --sete menos--, mentres que 73.086 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en catro das sete: A Coruña-Cee, Ourense, Lugo e Ferrol; mentres que aumenta nas outras tres: Vigo, Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés. En concreto, na Lugo, aínda que seguen seis pacientes Covid en UCI, descenden a 53 os ingresados noutras unidades --nove menos--; mentres que na da Coruña e Cee descenden a 13 o críticos --un menos-- e a 132 os doutras unidades --dous menos--.

No caso da de Ourense, baixan a sete os pacientes Covid en UCI --un menos-- e a 84 os hospitalizados noutras unidades --un menos--; e na de Ferrol soben a catro o críticos --un máis--, pero descenden a 29 os ingresados noutras unidades --tres menos--.

Pola súa banda, na de Vigo continúan 10 pacientes Covid en UCI e aumentan a 93 os ingresados noutras unidades --tres máis--; e na de Santiago e Barbanza tampouco hai cambios nos críticos, segue con seis, pero soben a 86 os hospitalizados noutras unidades --dous máis--. E na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantéñense sete pacientes Covid en UCI --sen cambios--, pero aumentan a 73 os ingresados noutras unidades --dúas máis--.

CASOS EN ASCENSO

Os casos activos volven aumentar e sitúanse en 73.688 en Galicia, que supoñen 1.115 máis que a xornada anterior ao haber máis novos contaxios (4.716) que altas (3.593), ao que se suman varios falecementos. O martes da semana pasada --11 de xaneiro-- había 71.504 infeccións.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden nunha das sete: Ferrol (-133), mentres que aumentan nas outras seis, coa de Vigo á cabeza (+487), seguida da de Santiago e Barbanza (+323), A Coruña e Cee (+183), Lugo (+118), Pontevedra e O Salnés (+108) e Ourense (+29).

Deste xeito, con máis casos activos continúa a área sanitaria de Vigo, con 19.489; seguida da da Coruña e Cee, con 14.930; Santiago e Barbanza, con 11.023; Pontevedra e O Salnés, con 8.567; Ourense, con 8.178; Lugo, con 7.557; e á cola mantense a de Ferrol, con 3.944.

CONTAXIOS EN DESCENSO

Polo seu lado, os novos contaxios de Covid-19 seguen en descenso no conxunto de Galicia tras rexistrarse 4.716, que supoñen 200 menos dos 4.916 cos que comezou esta semana, tras os case 8.000 do pasado domingo despois de dous días consecutivos por encima desa cifra. 

En Galicia nas últimas 24 horas realizáronse 4.222 PCR --sobre un milleiro menos que a xornada anterior--, que eleva a 3.472.387 as realizadas desde o inicio da pandemia; e 8.436 test de antíxenos --uns 2.400 máis--, que suman 1.314.819. Entre ambos os tipos constitúen 12.658, unhas 1.400 probas máis efectuadas que o día pasado.

En canto á taxa de positividade en PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test--, descende de novo ata o 16,33 por cento, tras comezar esta semana nun 18,28%. Por tanto, mantense por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta