A Xunta dá "uns días" ao Goberno central para non acudir aos tribunais polos fondos europeos

Así o vén de apuntar a conselleira de Emprego e Igualdade, que reitera que acudirán ao Supremo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/01/2022 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asegurou que a Xunta dará unha "marxe" ao Estado para que conteste o seu requirimento sobre a repartición dos fondos europeos 'Next Generation'. De non facelo, ratificou que acudirán ao Tribunal Supremo. Unha vez cumprido o mes desde o envío do requirimento, reclamando outra repartición dos fondos ao considerar o actual "aleatorio" e "arbitrario", a conselleira precisou que esperarán "uns días" para ver se hai resposta.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, comparece na Cámara galega
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, comparece na Cámara galega | Fonte: Conchi Paz - Xunta de Galicia.

"Non temos ningunha intención de facer ruído con isto", dixo a titular de Emprego, a preguntas dos xornalistas. Así, defendeu que a Xunta está a actuar "desde a máxima lealdade". "Imos esperar uns días e dar unha marxe ampla ao Estado para ver se responde e responde con certo criterio", apuntou en relación ás demandas expostas pola Xunta a este respecto.

No entanto, a conselleira incidiu en que "transcorrido unha marxe prudencial" se non hai resposta ou un cambio de posicionamento por parte do Goberno si presentarán o recurso ante o Tribunal Supremo. Lorenzana realizou estas manifestacións coincidindo coa visita ao Espazo Amizar, na Coruña, que estrea nova oficina de emprego.

Os fondos sobre os que discrepa a Xunta, e cuxa repartición considera "arbitraria", son os vinculados ao emprego e tanto a conselleira como o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, rexeitaron que a Administración galega participe nun "boicot".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta