Santiago, sede da Primeira Rolda da Liga Nacional Infantil de karate

Estarán máis de 700 competidores de entre os seis e trece anos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/01/2022 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

A Primeira Rolda da liga Nacional infantil de karate celebrarase este fin de semana en Santiago de Compostela. Será o Multiusos Fontes do Sar quen albergue esta competición na que estarán máis de 700 competidores de entre os seis e trece anos

Imaxe dun neno facendo karate
Imaxe dun neno facendo karate | Fonte: Real Federacion Española de Karate

A competición comezará coa liga Nacional de categorías masculinas o sábado ás 13.00 horas e terá un horario continuado durante todo o día. O domingo será o día das mulleres coa Liga Iberdrola a partir das 9.00 horas onde as karatekas de todos os puntos do país demostrarán o bo momento deportivo que atravesa o karate.

Neste campionato deixarán pegada grandes campións de España nestas categorías e os campións da gran final da liga do ano pasado que, a pesar da pandemia, a Real Federación Española de Karate finalizou ao completo o seu calendario cun éxito de participación e medidas sanitarias.

O xoves 20 de xaneiro no Pazo de Raxoi realizarase a presentación do campionato ás 11.30 horas e asistirá por parte da institución federativa, o presidente da RFEK, Antonio Moreno Marqueño, acompañado do Presidente da Federación Galega, Óscar Lafuente López e por parte do Concello de Santiago, Esther Pedrosa, Concelleira de Deportes e Benestar Animal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta