"Non todo vai ser sufrir": o vídeo que leva a 'filosofía' dos pontevedreses a Fitur

A área de turismo do Concello vén de presentar un proxecto "fermoso e divertido" que xa pode ser visionado.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 18/01/2022 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

Xa está dispoñible o vídeo co que Pontevedra se presentará á Feira Internacional de Turismo FITUR 2022. Dende a área de Turismo do Concello destacan que se trata dun "fermoso e divertido vídeo promocional protagonizado por eses tesouros únicos que converten á nosa cidade en capital española do turismo verde, deportivo e gastronómico".

Portada vídeo Pontevedra FITUR 2022
Portada vídeo Pontevedra FITUR 2022

Á parte, apuntan, contan cunha mensaxe que "define á perfección a filosofía de vida dos pontevedreses": "Non todo vai ser sufrir!". Un slogan que, como salienta a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, "cobra aínda máis forza neste crucial momento, no que comezamos a albiscar o final da pandemia, e no que a campaña de Visit Pontevedra convida a tódolos que desexen deixar atrás os malos momentos e desfrutar da vida a repetirse un simple hashtag, #VenaPontevedra".

Esta peza audiovisual será un dos eixos da presentación que terá no Pavillón de Galicia da man da propia Blanco e o seu compañeiro Iván Puentes, concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, e na que se exporán algunhas das importantes accións que se executarán grazas aos tres millóns de euros procedentes de fondos europeos para o desenvolvemento do Plan de Sostibilidade Turística de Pontevedra e o fomento do Xacobeo. Un 'maná' de axudas Next Generation acadado co Goberno de Pedro Sánchez que permitirá cumprir as ambicións da nosa cidade de coroarse como xeodestino estrela de España.

Unha das principais apostas da concelleira de Turismo é a de consolidar a marca Pontevedra Capital Gastro, que tomou forma ao longo de 2020 e 2021 con eventos e iniciativas tan exitosos como a Festa das Cunchas, a Batalla das Cunchas, o Avoa Fest, o Desafío Filloa, o Premio Gastronómico Loureiro de Ouro e o laboratorio e acelerador de proxectos Gastro Lab.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta