A área de Pontevedra prevé que sigan aumentando "un pouco máis" os ingresos por covid-19

Consideran que será "sen comprometer o funcionamento" dos hospitais.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 18/01/2022 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés prevé que a próxima semana se incrementen "un pouco máis" os ingresos de pacientes pola Covid-19, pero "sen comprometer o funcionamento" dos hospitais.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

Así o manifestou este martes o coordinador de hospitalización Covid e xefe de Servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, o doutor Juan Turnes, que apuntou que na actualidade contan con 70 pacientes ingresados por coronavirus na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

"É unha cifra superior á semana pasada", comentou, en especial en hospitalización en convencional, na que se suman "oito máis", sinalou o doutor Turnes, que destacou que "viña de semanas con incrementos de dez pacientes". Por iso, valorou que "o incremento é lixeiramente inferior", á vez que resaltou que baixaron os pacientes en UCI.

Con todo, incidiu en que non houbo que incrementar recursos asistenciais nas plantas nas que se atopan atendidos estes pacientes. E afirmou que "a presión se mantén alta", sobre todo en Atención Primaria e nos servizos de Urxencias.

"É esperable que a próxima semana aínda se incremente un pouco máis o nivel de ingresos, pero sen que comprometa o funcionamento dos nosos hospitais", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta