Feijóo erixe a fábrica de fibras téxtiles en proxecto "determinante" para Galicia

"Estamos a falar dun proxecto que opta aos fondos europeos Next Generation", resalta o presidente do Goberno galego.

Por E.P. | A Coruña | 18/01/2022 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este mércores o proxecto da fábrica de fibras téxtiles como "determinante" para Galicia, o futuro da moda sustentable e para o sector da madeira, ao producir ata 200.000 toneladas anuais de fibras téxtiles.

Feijóo visita as instalacións de Nanos
Feijóo visita as instalacións de Nanos | Fonte: Xunta de Galicia.

"Estamos a falar dun proxecto que opta aos fondos europeos Next Generation e que, cun investimento de 800 millóns de euros, tería capacidade para xerar 1.500 empregos directos e abastecer de materia prima ao sector téxtil", remarcou, nunha visita en Bergondo ás novas instalacións da empresa de moda infantil Nanos.

Durante a súa visita, na que estivo acompañado polo vicepresidente económico, Francisco Conde, o presidente galego destacou a importancia de "acertar" con proxectos tractores que "melloren a competitividade da economía, o tecido industrial instalado e que anticipe" a Galicia "ao futuro económico mundial".

Neste escenario, tamén reiterou a necesidade dun PERTE específico para o sector da moda co fin de "afrontar con éxito os desafíos futuros desta industria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta