Os encoros galegos superan o 55% da súa capacidade segundo o Ministerio para a Transición Ecolóxica

En canto ao total de España, a reserva hidráulica aumentou no últimos sete días tras incorporar 506 hectómetros cúbicos, o que supón o 0,9% do total.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2022 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Os encoros galegos atópanse ao 56,2% da súa capacidade total despois de gañar 66 hectómetros cúbicos de auga durante a última semana, segundo datos feitos públicos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Así, de acordo con estas cifras, os encoros das dúas concas hidrográficas galegas almacenan 2.089 hectómetros cúbicos de auga dos 3.714 da súa capacidade total.

Os da demarcación Galicia Costa están ao 67,1%, ao albergar 459 hectómetros cúbicos de auga. A variación é de 3 hectómetros cúbicos máis que fai sete días. Pola súa banda, Miño-Sil está ao 53,8% con 1.630 hectómetros cúbicos de auga, tras gañar 63 hectómetros cúbicos durante a última semana.

En canto ao total de España, a reserva hidráulica aumentou no últimos sete días tras incorporar 506 hectómetros cúbicos, o que supón o 0,9% do total. Así, os encoros gardan nestes momentos 25.417 hectómetros cúbicos, de modo que están ao 45,3% da súa capacidade.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta