Atracan cunha pistola unha tenda de roupa infantil en Vilanova de Arousa

O individuo ía encapuchado.

Por Europa Press / Redacción | Vilanova de Arousa | 19/01/2022 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

Apenas pasaran uns minutos desde que o establecemento abrira as súas portas cando un individuo encapuchado e que portaba unha pistola irrompeu na tenda de roupa infantil Carpe Diem Kids, situada en pleno centro de Vilanova de Arousa.

Tenda de roupa infantil Carpe Diem Kids en Vilanova de Arousa
Tenda de roupa infantil Carpe Diem Kids en Vilanova de Arousa | Fonte: Google Maps.

O asaltante solicitou á dependenta que lle dese todo o diñeiro da caixa e, tras conseguir unha cantidade que non transcendeu, fuxiu a pé.

Tras ter coñecemento do atraco, varias patrullas e un helicóptero da Garda Civil participaron nun operativo de procura por terra e por aire, sen que de momento se dése co paradoiro do asaltante.

Descoñécese se a arma utilizada era real ou non e tampouco transcendeu o importe que o atracador levou da caixa. Máis aló da subtracción de efectivo e do considerable susto que levou a dependenta, non houbo que lamentar neste suceso ningún outro dano persoal nin material.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta