As aulas pechadas pola covid-19 son 48 máis, malia o novo protocolo da Xunta

Os positivos vinculados aos centros escolares galegos baixaron con respecto ao pasado mércores 12 de xaneiro un total de 3.438 casos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/01/2022 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

Os positivos vinculados aos centros escolares galegos baixaron con respecto ao pasado mércores 12 de xaneiro un total de 3.438 casos, pero as aulas pechadas soben en 48 --agora hai 59 afectadas-- malia o novo protocolo que determina a clausura a partir de cinco casos acumulados ou do 20 por cento da contorna, unha nova denominación que entra nas normas internas de xestión de covid.

Nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022
Nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Este novo protocolo introduce o concepto 'contorna', que se aplica tanto á mesma aula, como á mesma quenda de comedor, aos usuarios dunha liña escolar e ás actividades extraescolares realizadas nos centros. Para todas as persoas que participan en cada un destes ámbitos, aplícase o protocolo de aulas.

O curso arrincou o luns 10 de xaneiro cuns 13.000 casos activos dentro da comunidade educativa --que xa non acudiron aos centros-- e o mércores aumentaron a 13.891, fronte aos 10.453 que están rexistrados actualmente, segundo os datos actualizados pola Consellería de Educación e a de Sanidade. En total, pecháronse 59 aulas, aplicando, segundo indicaron fontes do departamento educativo, o novo protocolo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta