Pontevedra, capital galega do billar

acolle aos 32 mellores xogadores do país nun torneo que terá lugar entre o venres e o domingo 23 de xaneiro.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Open Cidade de Pontevedra Bola 9, organizado polo Pool Pontevedra Billiard Club en colaboración coa Concellería de Deportes, reunirá esta fin de semana a 32 dos mellores xogadores galegos de billar.

Unha persoa xogando ao billar
Unha persoa xogando ao billar | Fonte: Billar Club Pontevedra

O torneo desenvolverase entre mañá venres e o domingo 23 de xaneiro, cos competidores repartidos en catro cadrantes de 8 xogadores: dous de cada cadrante clasificaranse para unha final de 8 xogadores.

O Open terá lugar nas instalacións do Pool Pontevedra, situadas no número 15 do lugar de Vilafranca (1º andar), e tódolos enfrontamentos serán retransmitidos en directo a través da súa canle de Youtube.

O tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, explica que " o 100% dos cartos aboados para as inscripcións destinaranse aos premios para os mellores xogadores e os 8 finalistas recibirán trofeos en función do posto obtido".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta