Formoso destaca que a reforma das pensións "acaba coa inxustiza" da "unilateralidade de Rajoy"

O líder dos socialistas galegos participa en Santiago nun encontro co ministro Escrivá e representantes de UGT e CC.OO.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2022 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destacou este xoves en Santiago que o acordo da reforma das pensións "acaba coa inxustiza" imposta pola reforma unilateral de Rajoy do ano 2013.

Así o dixo tras asistir a un encontro co ministro de Seguridade Social, José Luís Escrivá, no que tamén participaron o delegado do Goberno e os sindicatos UGT e CC.OO.

Segundo sinalou o PSdeG nun comunicado, o líder dos socialistas galegos sostivo que o acordo, asinado o pasado 1 de xullo entre o Goberno e os axentes sociais, "acaba coa inxustiza, renova o compromiso co sistema público de pensións por parte do Estado". E faino ademais, dixo, integrando ás forzas sindicais e representantes empresariais "como sempre se fixo a través do Pacto de Toledo, coa concertación e o compromiso social".

Nesta liña, incidiu en que este acordo retoma o camiño do encontro para "eliminar as inxustizas incorporadas pola reforma laboral unilateral e sen ningún tipo de acordo coas forzas sociais imposta polo PP en 2013".

Aquela imposición, lembrou, "recortaba dereitos aos pensionistas co sistema de revalorización e afastábase da actualización respecto do IPC" que sempre fora norma en España. Ademais, engade, "incorporaba un factor de sustentabilidade das pensións que facía perder o 25 por cento de media a calquera pensionista de face ao futuro".

Valentín González Formoso
Valentín González Formoso | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta