As axudas da PAC chegarán a 25.000 agricultores e gandeiros de Galicia

Así o estiman dende a Xunta, que vén de iniciar a campaña de reparto correspondente a este 2022.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2022 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia arraca a campaña de 2022 da Política Agraria Común (PAC) co obxectivo de "axilizar os procedementos de xestión e control e o pago das axudas", segundo manifestaron. Con isto en mente reuniuse telematicamente o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, con representantes de distintas entidades de consello que apoian á Xunta na campaña da PAC deste ano, segundo informou a Consellería de Medio Rural nun comunicado.

Respecto desta convocatoria, calculan que uns 25.000 agricultores e gandeiros beneficiaranse destas achegas e recibirán un importe superior aos 210 millóns de euros (170 millóns de axudas directas e 40 millóns de achegas ao desenvolvemento rural).

Nesta reunión, sinalaron, tratáronse as novidades da camapaña, xestionada polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), para que estean a disposición das Oficinas Agrarias Comarcais e das máis de 50 entidades colaboradoras que se encargarán de tramitar as solicitudes en Galicia. É por isto que no encontro participaron representantes de bancos e de entidades de asesoramento que prestarán apoio aos interesados nas axudas, ademais de asociacións agrarias e organizacións profesionais do sector.

APP PARA OS INTERESADOS

Pola súa banda, Balseiros destacou que, como ocorreu xa na edición anterior, as persoas interesadas poderán descargar diferentes aplicacións electrónicas para informarse sobre as axudas, consultar as súas solicitudes, realizar alegacións e mesmo facer fotografías georreferenciadas se son necesarias para completar algún proceso.

Ademais, sinalou que xa finalizou a implantación do sistema de control coñecido como 'monitorización', e que será obrigatorio na nova PAC. Consiste en utilizar as novas tecnoloxías e as imaxes de satélites para levar a cabo un seguimento continuo de todas as superficies declaradas no 100% das solicitudes, "co obxectivo de determinar se existe actividade agraria".

Varias vacas nunha explotación gandeira. EUROPA PRESS - Arquivo
Varias vacas nunha explotación gandeira. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta