Un investigador galego liderará un proxecto mundial para loitar contra a perda de biodiversidade

Sebastián Villasante, do Departamento de Economía Aplicada da USC, será o encargado de coordinar un grupo internacional de expertos tras ser escollida pola plataforma IPBES.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2022 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

A USC vén de anunciar que coordinará un estudo a nivel mundial para frear a perda de biodiversidade nos ecosistemas. Esta problemática sen precedentes que está a sufrir o planeta nos últimos decenios é, a ollos da institución, "un asunto cada vez máis central na toma de decisións das organizacións internacionais".

Fotografía de Denís Estévez do bosque do Banquete de Conxo. DENÍS ESTÉVEZ - Arquivo
Fotografía de Denís Estévez do bosque do Banquete de Conxo. DENÍS ESTÉVEZ - Arquivo

"As consecuencias directas e indirectas deste problema urxen a actuar de forma contundente para evitar un futuro complicado para a Terra", destacan. Neste sentido, engaden, a folla de ruta  que marcará o camiño a seguir a nivel global é o traballo de avaliación que ten en marcha o IPBES, a plataforma intergobernamental internacional para deter a perda de biodiversidade e xerar cambios transformadores.

Esta mesma plataforma é a que acaba de seleccionar ao Profesor e investigador Sebastián Villasante, do Departamento de Economía Aplicada da USC e pertencente ao Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS), para coliderar un dos capítulos deste informe global. Dende agora e ata finais de 2024, o profesor Villasante da USC coordinará un grupo de expertos de carácter interdisciplinario a nivel mundial. Tratase, en concreto, o Capítulo 2, titulado ‘Visións dun mundo sustentable para a natureza e as persoas’, dentro do documento global que avaliará as causas de perdas de biodiversidade e os determinantes dos cambios transformadores que contribúan, de aquí a 2050, a conseguir un planeta no que “vivir en harmonía coa natureza”.

O actual plan de traballo do IPBES, que se desenvolverá ata 2030, procurará “comprender e identificar os factores que nas sociedades humanas, tanto a nivel individual como colectivo, poden ser aproveitados para acadar un cambio transformador na conservación, restauración e uso racional da biodiversidade, tendo á vez en conta os aspectos sociais e económicos máis amplos no contexto do desenvolvemento sostible”, segundo destaca esta entidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta