O Teatro Rosalía acolle este sábado 'A lúa vai encuberta', peza teatral inspirada no legado de Manuel María

Dirixida por Tito Asorey e adaptada por Vanesa Sotelo, o espectáculo vira arredor dos "trazos políticos, sociais e económicos que caracterizan" a Galicia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/01/2022 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O Teatro Rosalía, na Coruña, acolle este sábado o espectáculo 'A lúa vai encuberta', unha coprodución das agrupacións Incendiaria e A Quinta do Cuadrante e que está inspirada no legado literario do escritor e poeta galego Manuel María.

A representación teatral, dirixida por Tito Asorey e adaptada por Vanesa Sotelo, foi a gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. O elenco de protagonistas, que integran tamén Asorey e Sotelo, complétano Davide González e Melania Cruz.

Trátase dun espectáculo que vira ao redor da realidade galega "e a procura constante por atopar unha identidade propia, enfrontándose ao pasado recente de Galicia e as súas contradicións, revelando un discurso que explica, dalgunha maneira, as razóns polas que o país ten hoxe os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan", explican os seus promotores.

A peza comezará ás 20,30 horas no Teatro Rosalía de Castro. As entradas para o espectáculo xa están dispoñibles e á venda.

'A lúa vai encuberta'
'A lúa vai encuberta'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta