A Xunta lanza 11 novos coworking nas catro provincias

Estes espazos de traballo contan cun mentor individual para cada proxecto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2022 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia activará durante os tres primeiros meses do ano 11 novos espazos de coworking nas catro provincias; "espazos deseñados para aumentar as probabilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento". Estes lugares de traballo, destinados a persoas emprendedoras e que contemplan distintas actividades, incluída a asesoría, permitiron impulsar máis de 700 proxectos no rural galego, segundo informou o Goberno galego nun comunicado.

Para o desenvolvemento destes novos centros, a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación renovou, a través do Igape, o convenio coa Escola de Organización Industrial (EOI), co que impulsa uns novos talleres que, segundo indican, facilitarán a participación de 220 iniciativas empresariais nestes espazos coworkings, grazas a un investimento conxunto que supera o millón de euros.

Ademais do espazo, estes coworkings ofrecen aos participantes un mentor individual para o seu proxecto, que os acompañará no deseño do modelo de negocio; con formación específica, mediante talleres prácticos centrados en temas de interese; e distintos eventos, como xornadas de networking ou encontros con actores sociais e económicos relevantes.

Espazo de coworking
Espazo de coworking | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta