A alcaldesa da Coruña dá positivo por Covid

Di que non ten síntomas e atópase ben.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/01/2022 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, deu positivo por Covid, segundo ela mesma informou na súa conta de redes sociais e tras a súa participación en Madrid na feira Fitur.

"Tras realizarme un test de antíxenos, dei positivo en Covid. Por agora, non teño síntomas e atópome ben", explica na súa conta de Twitter.

"Aprazarei a miña axenda pública uns días e continuarei traballando desde casa", engade a rexedora coruñesa, que acaba cun "coidádevos moito" a súa mensaxe en redes sociais.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presenta a oferta da cidade en Fitur. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presenta a oferta da cidade en Fitur. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta