O sector da comida e bebida incrementou un 117% as súas vendas en novembro

O sector servizos elevou a súa facturación un 27,9% en Galicia ese mes.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/01/2022 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O sector servizos elevou a súa facturación un 27,9% en Galicia o pasado mes de novembro respecto ao mesmo mes de 2020, por encima da media estatal que o fixo un 24,3%, segundo informou este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

A ocupación neste sector tamén creceu en Galicia, aínda que se situou por baixo da media estatal. En todas as comunidades creceu o emprego e no caso de Galicia fíxoo unha 2,5% fronte ao 4% nacional.

Co avance de novembro, os servizos, a nivel estatal, encadean nove meses consecutivos de ascensos interanuais despois dun ano de caídas como consecuencia da pandemia.

Dentro dos servizos, a hostalaría (servizos de aloxamento e servizos de comida e bebida) foi o sector que máis incrementou as súas vendas en novembro, un 117,3% en relación ao mesmo mes de 2020.

Fóra deste ámbito, destacan tamén o aumento das vendas das axencias de viaxe e operadores turísticos, que se quintuplicaron (+429,2%), e do transporte aéreo, que as multiplicou por máis de dous (+151,8%).

Un grupo de persoas charla na terraza dun local de hostalaría da Coruña. M. DYLAN / EUROPA PRESS / Europa Press
Un grupo de persoas charla na terraza dun local de hostalaría da Coruña. M. DYLAN / EUROPA PRESS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta