Prisión por abusar da súa filla, de 15 anos, e amezar con facelo outra máis nova

A adolescente relatou que os tocamentos se prolongaron durante tres meses e que cada vez eran de maior intensidade.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 21/01/2022 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) enviou a prisión a un home, veciño da localidade, acusado de abusar da súa filla canto esta tiña menos de 16 anos.

Segundo consta na denuncia presentada pola vítima contra o seu proxenitor, o home comezou practicándolle tocamentos pero os abusos foron cada vez a máis.

Aínda que a denuncia foi efectuada hai uns días, os feitos remóntanse a fai tres anos, cando a moza aínda tiña 15 anos. A adolescente relatou que os tocamentos se prolongaron durante tres meses e que cada vez eran de maior intensidade.

Segundo o relato da vítima que recolle o auto, as agresións cesaron por mor de que o seu pai lle dixo que o mesmo que lle estaba ensinando a ela ensinaríallo á súa irmá menor cando crecese. A partir dese momento, a menor decidiu afastarse todo o posible do seu pai e impedir que a súa irmá pequena quedase a soas con el.

ORDE DE AFASTAMENTO

Os feitos agora denunciados producíanse cando a nai da vítima estaba fóra de casa, polo que esta non se decatou do que ocorría. A parella está actualmente en trámites de divorcio.

O pai da presunta vítima xa ingresou en prisión, cunha fianza de 10.000 euros, acusado dun delito de abuso sexual a unha menor de 16 anos.

No caso de que pagase a fianza e obtivese a liberdade condicional, a xuíza estableceu que non poida comunicarse por ningún medio coa súa filla así como unha orde de afastamento de 200 metros do seu domicilio ou do lugar no que se atopen tanto a denunciante como a súa irmá menor.

Xuízo a un home que foi condenado por abusar sexualmente da súa sobriña de 15 anos en Vigo.
Xuízo a un home que foi condenado por abusar sexualmente da súa sobriña de 15 anos en Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta