Cinco mortos máis elevan a 2.873 as vítimas da pandemia en Galicia

A morte doutro cinco persoas que foran diagnosticadas coa covid en Galicia eleva as vítimas da pandemia a 2.873.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/01/2022 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

As mortes doutras cinco persoas que foran diagnosticadas coa covid-19 en Galicia elevan as vítimas da pandemia a 2.873.

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa de Vigo
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa de Vigo | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, dous destes falecementos producíronse o día 19. Trátase dun home de 87 anos que faleceu no seu domicilio da área sanitaria da Coruña e Cee e doutra muller de 89 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ademais, na xornada do xoves perdeu a vida unha muller de 87 anos na Residencia San Martiño de Nogueira de Ramuín, unha muller de 99 anos no Hospital da Mariña e un home de 75 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).

As cinco persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta