Temas: PSDEG NOA DíAZ

Noa Díaz, candidata a liderar o PSOE coruñés, propón crear agrupacións en todos os concellos da provincia

Promete comités provinciais cada tres meses, un boletín informativo para a militancia e actualizar o censo de afiliados de cara a 2023.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 23/01/2022 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

A deputada autonómica Noa Díaz, candidata á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE na Coruña, propón crear unha agrupación socialista en todos os concellos da provincia, porque ve "preciso fortalecer ao partido desde a militancia de base".

A deputada autonómica Noa Díaz, nun encontro coa militancia en Cerceda
A deputada autonómica Noa Díaz, nun encontro coa militancia en Cerceda | Fonte: Candidatura de Noa Díaz.

Nun acto enmarcado na campaña para as primarias provinciais do partido, que este domingo lle levou a manter encontros con afiliados de Cerceda, Carral, A Capela e Arteixo, Díaz e o seu equipo mostráronse "moi contentos pola acollida" do seu proxecto.

Neste contexto, a candidata reivindicou "recuperar o espírito orixinario das 'Casas do Pobo', pero non só de modo presencial senón tamén dixital".

Diso serviuse para apuntar a necesidade de "avanzar no proceso de dixitalización do partido". "Por iso queremos axudar ás pequenas agrupacións na creación das súas páxinas web e redes sociais", de modo que todas elas "teñan a súa propia 'Casa do Pobo' virtual e poidan achegarse desde elas á cidadanía".

Ademais, Noa Díaz, que nas primarias do próximo 30 de xaneiro enfrontarase ao alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, avanzou que se sae elixida promoverá "un vínculo máis estreito" con todas as agrupacións e visitará cada unha polo menos unha vez durante o seu primeiro ano de mandato.

De igual modo, prometeu convocar un comité provincial cada tres meses e crear un boletín informativo para enviar aos afiliados. "Precisamos canles de comunicación entre nós que fortalezan as nosas relacións coa cidadanía e tamén con nosa propia militancia", incidiu.

Finalmente, a deputada apostou por actualizar os datos do censo de militantes do PSdeG-PSOE da provincia durante o primeiro ano de mandato de cara ás eleccións municipais de 2023.

Temas: PSDEG NOA DíAZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta