Stop Eólicos Xurés Celanova alega contra o eólico Monte da Neve, redactado en inglés

A plataforma pon a disposición un modelo de alegacións elaborado con achegas propias e a colaboración de Petón do Lobo e Adega. Denuncian que a Xunta non respondeu ante a vulneración de dereitos que provoca que partes do proxecto foran redactadas en Lingua non oficial.

Por Galicia Confidencial | OURENSE | 24/01/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A plataforma STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA vén de presentar o seu modelo de alegacións en extenso contra o proxecto eólico de Monte da Neve, entre Celanova e Verea, que foi elaborado en base ás alegacións achegadas por Petón do Lobo e por Adega e que xa se pode descargar na páxina web da plataforma.

Oito aeroxeneradores do p.eólico do Vieiro, próximos aos que se proxectan polo p. eólico Monte da Neve.
Oito aeroxeneradores do p.eólico do Vieiro, próximos aos que se proxectan polo p. eólico Monte da Neve. | Fonte: STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA

Dende STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA denuncian, ademais, que a 24 horas de rematar o prazo de alegacións aos documentos a exposición pública, nin a Consellería de Economía nin a Secretaria de Política Lingüística da Xunta de Galicia responderon aínda á

súa denuncia sobre a vulneración da dereitos fundamentais.  Así, e segundo a plataforma, a empresa de capital alemá Bay Wa tería presentado parte da documentación en ligua non oficial de Galicia, circunstancia que non se correxiu.

En relación ao documento de oposición ao proxecto da enerxética alemá, afirman que contou ademais coa participación de membros da plataforma "con cualificación" para contestar á "amplisima documentación que saíu a exposición pública na véspera das festas de Nadal, e cun prazo de 30 días naturais" para alegar. Algo que STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA censura, pois esgrime que as leis aprobadas polo goberno Feijoo permiten "tramitar aceleradamente proxectos dun alto impacto medioambiental e social". A plataforma tamén reproba a postura dos concellos de Celanova e Verea e dos grandes medios de comunicación, que segundo eles "non tiveron ningún interese en difundir" os riscos que representa o orixecto de Bay Wa.

Eses riscos que representa para a plataforma a construción do proxecto eólico Monte da Neve artellan o documento de oposición da veciñanza de Celanova e Verea. Entre eles figura a fragmentación "artificiosa" dos proxectos que se está a producir e que tería por finalidade "menoscabar as garantías inherentes aos procedementos de avaliación, pola vía de impedir a avaliación ambiental do conxunto dos proxectos". Tamén, o carácter estritamente mercantil e a conseguinte ausencia de utilidade pública do proxecto e a vulneración dos dereitos de participación no procedemento.

Xa dende o punto de vista medioambiental, a plataforma sostén que o proxecto eólico causaría: unha afección severa e prexuízos "irreparábeis" para a paisaxe, afeccións severas ao patrimonio cultural e eivas na catalogación e na protección, afeccións severas á vexetación, aos hábitats naturais e á flora ou impactos na avifauna

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta