Coñece o mellor restaurante de Galicia en 2021

A plataforma TheFork elaborou, como cada ano, unha listaxe dos mellores restaurantes en España.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/01/2022 | Actualizada ás 22:10

Comparte esta noticia

Mergullados en plena evolución da pandemia, que nos deixa subas e baixas en canto a contaxios e restricións sociais, o sector da hostalería continúa sendo o gran sobrevivente neste momento.

Imaxe de Daniel Guzmán e Julio Sotomayor, chefs do restaurante Nova
Imaxe de Daniel Guzmán e Julio Sotomayor, chefs do restaurante Nova | Fonte: Ogilvy

Como cada ano TheFork, unha plataforma de reservas en Europa, non quixo deixar de recoñecer un ano máis o labor e calidade destes restaurantes a través do seu TOP 100 2021, unha clasificación de referencia no sector gastronómico que elixen os propios comensais que reservan, gozan e comparten a súa experiencia na app TheFork.

Para elaborar este listaxe, TheFork tivo en conta diferentes criterios como as notas obtidas polos restaurantes durante este 2021, as opinións durante este ano, as visitas á ficha do restaurante e as reservas xeradas. 

Os restaurantes do TOP100 forman tamén parte da selección INSIDER de TheFork, onde se destacan os mellores restaurantes do momento e aqueles que destacaron por algo especial, incluíndo ademais os galardoados polas Guías Michelin e Repsol en España.

REPRESENTACIÓN GALEGA

Este ano foi Nova o favorito da listaxe do TOP100 de TheFork en Galicia, ocupando a novena posición fronte á 72 obtida na clasificación do ano pasado. Está situado en Ourense e conta cunha estrela Michelín.

Outros restaurantes de Galicia que lograron destacar dentro do TOP100 2021 son Auga e Sal (18) en Santiago de Compostela, Yayo Daporta (34) en Cambados, URO Rest & Club (90) na Coruña, e Miguel González (91) en Pereiro de Aguiar (Ourense).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta