Así e o novo vehículo de Emerxencias de 32 metros para as incidencias en Santiago

Este vehículo substituirá ao de servizo e conta cunha tecnoloxía maior e máis moderna.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/01/2022 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños; e Manuel Sanmartín Chao, oficial do Parque de Bombeiros presentaron esta mañá na Praza do Obradoiro o novo vehículo do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.

Imaxe do novo vehículo de Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento na praza do Obradoiro
Imaxe do novo vehículo de Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento na praza do Obradoiro

"Este vehículo vai substituír ao de servizo e conta cunha tecnoloxía maior, con máis espazo e pode chegar a alcanzar uns 32 metros de altura", explica Sanmartín, Oficial do Parque de Bombeiros".

Non obstante, a maior dificultade que viven na actualidade é a falta de persoal. Na actualidade contan con 45 bombeiros e esperan chegar a máis de 50. "Estamos esperando a que comecen os cursos de bombeiros para incorporar a novas persoas", conclúe Sanmartín.

OBRAS PARQUE COMARCAL

Na presentación do novo vehículo de Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou que espera que no ano 2022 se reinicien as obras da reapertura do Parque Comarcal de Santiago.

No ano 2006, a xunta de goberno do Concello de Santiago decidía paralizar as obras de construción do futuro parque comarcal de Bombeiros despois de que se detectase un desvío orzamentario na obra de máis do 60%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta