Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 17:22
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou que están xa pechadas co Clúster Turismo de Galicia "as características fundamentais" que terá a nova edición do bono turístico anunciada a semana pasada, que neste 2022 estará destinado nos meses "que máis baixa a demanda".
En declaracións aos medios este martes, o tamén conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo avanzou que esta nova edición, que espera "nun par de meses poder convocar", tratará de concentrarse nos "meses que faltan ata verán" e "despois a partir de setembro".
Ademais, Rueda dixo que poderían "variar" as porcentaxes de achega de fondos das anteriores, nas que o 60 por cento do bono viña da Administración e o 40 restante, do usuario. Iso si, prometeu manter unha "achega importante" por parte da Xunta.
"O ano pasado acabouse en 12 horas. Esperamos que este ano a demanda sexa parecida", desexou o vicepresidente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.