Catro mortos máis en Galicia con covid-19

Todas as persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/01/2022 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou o falecemento de catro persoas máis que foran diagnosticadas co coronavirus SARS-CoV-2, causante da enfermidade covid-19.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

No CHUAC da Coruña faleceron un home de 90 anos e outro de 74. Outro varón de 95 anos finou no Hospital de Monforte de Lemos, e unha cuartoa vítima, unha muller de 92 anos, morreu no CHUVI de Vigo.

Todas as persoas falecidas presentaban patoloxías previas

Os falecidos en Galicia con coronavirus aumentan, así, a 2.897 tras estas catro novas mortes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta