A Xunta adxudica por máis de 48 millóns de euros as obras de ampliación do CHUO

As obras terán un prazo de execución de 40 meses e prevese o seu inicio para marzo, tras a firma do contrato a finais de febreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2022 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia adxudicou por case 48,3 millóns de euros as obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, das que se encargará a UTE: S.A. de obras e servizos, Copasa-Pontes e Calzadas Infraestruturas, SLU, e que terán un prazo de execución de 40 meses.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, segundo informou nun comunicado, prevé asinar o contrato a finais de febreiro có obxetivo de iniciar as obras a continuación. Estas intervencións, cofinanciadas con fondos europeos FEDER, contemplan tres intervencións: a construción dun novo edificio de hospitalización no CHUO, a reforma do actual Hospital Materno Infantil e a mellora de accesos.

En canto ao novo edificio de hospitalización e ambulatorio, aseguran que terá unha imaxe coherente co edificio construído en 2017, con 12 plantas e localizado entre o oeste do antigo edificio Materno Infantil e o Hospital Cristal. Estas instalacións, desde a planta -2 ata o segundo, destinaranse a usos fundamentalmente ambulatorios, e desde a terceira ata a novena, a hospitalización.

HOSPITAL MATERNO INFANTIL

Por outra banda, no que se refire a a reforma do Hospital Materno Infantil, acometerase unha actuación integral que permitirá a súa "posta en valor", conservándose tan só a súa estrutura. Así, explica o departamento autonómico, no soto -2 do novo edificio situaranse os vestiarios; no -1, a área de radioloxía; e na planta baixa situaranse as urxencias pediátricas e obstétricas no edificio materno, mentres que se localiza un segundo nivel de radioloxía no novo edificio.

No primeiro piso estarán as áreas de obstetricia, ginecología, tanto cirúrxica como ambulatoria, e o paritorio; no segundo, a UCI pediátrica no materno, e as consultas de pediatría no novo edificio. O nivel 3 destinarase totalmente a hospitalización pediátrica, onde se separará aos nenos menores de dous anos no antigo materno e aos maiores no novo edificio.

MÁIS SERVIZOS

A Consellería detalla ademais que todas estas actuacións permitirán dotar á área pediátrica con 38 camas, incluíndo 14 habitacións individuais para menores de dous anos (lactantes), cun berce e cama para acompañante. Haberá tamén dous vestiarios con duchas para os pais, comedor, sala de estar con xogos, Cyberaula con postos informáticos e salas de televisión e lectura.

As instalacións albergarán tamén unha área de neonatología, con UCI pediátrica; zona de urxencias pediátricas e urxencias obstétricas, con salas de espera, consultas, cinco unidades para partos e dous quirófanos.

CHUO
CHUO | Fonte: ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta