Soben a 558 os maiores con covid-19 en residencias galegas, 52 nun gromo na Coruña

Os usuarios contaxiados en residencias de discapacidade descenden a 32.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/01/2022 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 nas residencias de maiores en Galicia aumentaron lixeiramente con respecto a hai unha semana e sitúanse en 558, que supoñen tres máis que os 555 do mércores pasado --a Xunta actualízaos semanalmente-- distribuídos en 74 centros --fronte aos 58 de sete días atrás--. Entre eles, destaca un gromo con 52 contaxiados nunha da Coruña.

Dous na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021
Dous na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Segundo os datos actualizados este mércores polas consellerías de Política Social e Sanidade, o megagromo detectado hai dúas semanas con 105 usuarios da Residencia Bembrive de Vigo redúcese a un caso, fronte aos 16 maiores contaxiados de sete días atrás.

Dos datos actualizados este 26 de xaneiro sobresaen un novo gromo con 52 casos de Covid en usuarios da Residencia Remanso Claudina Somoza da Coruña --que a semana pasada non estaba na lista facilitada pola Xunta--.

Ademais, destaca o gromo con 32 contaxiados na Residencia DomusVi Ribadumia, ao que se suman outros catro centros que superan a vintena de infectados: Residencia Albertia Lugo (23 infeccións), DomusVi Barbadás (22), A Veiga (21) e El Rocío de Vigo (21).

RESIDENCIAS DE DISCAPACIDADE

En canto ás residencias de atención á discapacidade de Galicia, os casos activos de Covid-19 descenden a 32 en oito centros, que supoñen dez menos que os 42 rexistrados hai unha semana en sete instalacións.

Deses 32, unha ducia de usuarios contaxiados corresponde á Residencia Gravemente Afectados Juan Vidán Torres de Santiago, que supoñen un menos que os 13 de hai unha semana; e nove ao CAPD de Sarria --dez menos--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta