Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2022 | Actualizada ás 20:33
A Consellería de Sanidade notificou cinco novas mortes con coronavirus en Galicia. O total de vítimas desde o comezo da pandemia alcanza as 2.902.
O cinco falecementos producíronse o pasado 25 de xaneiro e todos contaban con patoloxías previas. Unha delas era unha muller de 98 anos, procedente do Fogar Residencial Vista Fermosa, que faleceu no Chuvi de Vigo.
Os outros catro óbitos foron de homes de: 76 anos (falecido no Chuvi), 88 anos (CHUF), 89 anos (hospital de Monforte) e 89 anos (hospital de Valdeorras).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.