Denunciado un veciño de Cedeira por desprazarse cun monociclo eléctrico sen ter permiso de circulación

Será sancionado por conducir un vehículo e carecer da correspondente autorización administrativa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

A Garda Civil do Posto de Cedeira denunciou a un veciño desta localidade cando circulaba cun monociclo eléctrico autoequilibrante sen o correspondente permiso de circulación requirido, xa que supera os 25 quilómetros por hora.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon cando unha patrulla realizaba un servizo preventivo de seguridade na estrada AC-566 e observou a un home con casco de protección integral e luvas que conducía un aparto monociclo autoequilibrante.

Por iso, axentes parárono para comprobar a situación administrativa do aparello e identificar o condutor. Así, nunha primeira inspección do aparello, comprobaron que carecía de placa coas especificacións técnicas, polo que solicitaron ao condutor a documentación do aparello.

O home presentou un certificado con marca e modelo, "pero sen referencia da potencia que desenvolve nin a velocidade máxima que pode alcanzar", matizan as mesmas fontes. O condutor do monociclo achegou tamén un seguro de responsabilidade civil a terceiros cun número de serie, onde especificaba que posuía unha potencia entre 1.000 e 2.000 W, e alcanzaba unha velocidade máxima de 40 quilómetros por hora.

Ante os datos achegados, explica a Benemérita, o monociclo eléctrico autoequilibrante "debería posuír permiso de circulación", xa que ten unha potencia de 2.000 W e alcanza unha velocidade máxima de 40 Km/h.

"Con ditas características habería que asimilar o aparello á categoría dun ciclomotor, ao superar o 25 km/h de velocidade máxima, que é o estipulado para os vehículos de mobilidade persoal e non superar o 45 km/h", concreta o Instituto Armado.

Por iso, a Garda Civil informou verbalmente o condutor de que sería sancionado por conducir un vehículo a pesar de carecer da correspondente autorización administrativa. Pola súa banda, como o aparello dispuña dunha asa extensible que permite a súa equipaxe de man, quedou baixo custodia do denunciado, que abandonou o lugar a pé.

Monociclo eléctrico autoequilibrante intecerptado a un veciño de Cedeira (A Coruña) denunciado por desprazarse nel sen ter permiso de circulación.. GARDA CIVIL
Monociclo eléctrico autoequilibrante intecerptado a un veciño de Cedeira (A Coruña) denunciado por desprazarse nel sen ter permiso de circulación.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta