Outras 1.200 persoas completan pauta contra a Covid-19 en Galicia

Uns 900 menores de 14 anos máis reciben a primeira picada na Comunidade galega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Galicia continúa co proceso de vacinación contra a Covid-19 coa administración doutras 18.400 doses, das cales unhas 1.200 foron para completar pautas, o que eleva ao 88,67% a poboación da Comunidade galega co proceso finalizado ata a data.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este xoves no 'Cronómetro de Vacinación' con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, aumentan a 6.344.959 as doses administradas ata o momento, tras ser incouladas 18.436 a xornada pasada.

Desas 18.436, un total de 1.206 foron para completar pautas, polo que aumentan a 2.394.157 as persoas de Galicia con pauta completa, que representan un 88,67 por cento do conxunto dos seus cidadáns.

Por grupos de poboación, por vulnerabilidade, hai 17.344 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 16.192 dependentes non institucionalizados e 27.636 institucionalizados. Pola súa banda, 2.212.247 terminaron o proceso chamados pola súa idade.

Por probabilidade de exposición, 76.386 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 28.800 do sociosanitario e 14.762 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

POBOACIÓN INFANTIL

Tamén avanza o proceso de vacinación infantil --os datos de Sanidade non separan o grupo etario principal da poboación pediátrica en fase de inmunización de 5 a 11 anos-- e xa foron vacinados ata a data 115.140 menores de 10 a 14 anos, 108 máis que os rexistrados ata o día anterior; e 84.397 de 5 a 9 anos, 796 máis, o que supón en conxunto 904.

A xornada do pasado 15 de xaneiro pechou a primeira fase da vacinación infantil en Galicia. Tras ela, a Comunidade galega cumpriu, tres semanas antes, o obxectivo marcado polo Ministerio de Sanidade de lograr o 70% de cobertura nesta poboación de 5 a 11 anos o 7 de febreiro.

En concreto, segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade con data do 26 de xaneiro, correspondente á vacinación pediátrica ata o día 25 deste mes, Galicia vacinou a 123.828 menores de 5 a 11 anos con polo menos unha dose dunha poboación diana desas idades de 153.059, o que supón o 80,9%. Deste xeito, mantense á cabeza das comunidades autónomas na inmunización destes nenos --a media de España sitúase no 53,8%--.

As áreas sanitarias galegas continúan coas repescas para administrar a vacina pediátrica a menores de 12 anos que non puideron recibila ata a data e da dose de reforzo a maiores de 30 anos, á vez que desde este luns comezaron a administrar a de reforzo ao grupo de 18 a 29 anos.

Varias sanitarias preparan a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra. Beatriz Ciscar - Europa Press
Varias sanitarias preparan a terceira dose da vacina contra o Covid-19, a 19 de novembro de 2021, en Pontevedra. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta