O PSOE de Ourense batalla pola pensión dun emigrante retornado de Alemania

A secretaría de Emigración dirixiuse aos servizo tributarios do país por un requerimento que o home, incapacitado, non atendera.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

O PSdG-PSOE de Ourense, a través da súa secretaría provincial de Emigración, conseguiu "paralizar" o embargo dun cidadán retornado da provincia. Os socialistas explicaron, nun comunicado aos medios, que o home, incapacitado, non fixera caso do requirimento da Axencia Tributaria alemá de gravar o 5% da súa pensión xermana dos anos 2017 a 2020.

O secretario provincial de Emigración dos socialistas ourensáns, Luís Gulín, expuxo que "a débeda tributaria ascendía a preto de 1.000 euros e dado que a persoa afectada está incapacitada, a familia descoñecía esa obrigación de pago, crendo que ao estar exenta en España que tamén o era automaticamente en Alemaña".

Segundo expuxeron os socialistas, Gulín púxose en contacto co Finanzamt Neubrandenburg, o organismo fiscalizador xermano, xa que o retornado "só recibe pensión alemá". "Explicando o caso e documentando a situación, o organismo fiscal xermano acepta como causa de exención tributaria a incapacidade xudicial decretada en España, enviando a sentenza española correspondente", indicou o secretario provincial de emigración en funcións.

Tamén, apuntou que "a Facenda de Alemaña lembra que eles non teñen acceso a eses datos en España, por ese motivo hai que solicitar e acreditar expresamente estas situacións". Ao mesmo tempo, a área provincial de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense xestionou para o mesmo emigrante retornado a recuperación dunha pensión complementaria da empresa, unha coñecida marca alemá de electrodomésticos. "A xestora dos fondos de pensións non abonara para os anos 2020-2021 uns 350 euros anuais, ao non enviar a familia, de oficio, a preceptiva fe de vida, obrigatoria agora en Alemaña desde xaneiro de 2019", explicou Gulín.

Rúa do Paseo de Ourense, no pasado nadal. Rosa Veiga - Europa Press
Rúa do Paseo de Ourense, no pasado nadal. Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta