O CGAC recupera o ritmo prepandemia con máis de 36.000 visitantes en 2021

Tamén acolleu "case o dobre" de exposición que en 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O Centro Galego de Arte Contemporánea, situado en Santiago de Compostela, superou os 36.000 visitantes nun ano 2021 no que recuperou as cifras de actividade previas ao estalido da crise provacada pola pandemia de covid-19. Segundo o balance realizado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o CGAC acolleu o pasado ano un total de 13 proxectos expositivos, "case o dobre" que en 2020 e máis que en 2019.

O responsable da Administración autonómica, en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do PP Teresa Egerique durante a Comisión 4ª do Parlamento galego celebrada este mércores, repasou as cifras de actividade do centro dedicado á arte contemporáno durante 2021. Lorenzo destacou que foi un ano de "recuperación" tras un 2020 que "limitou os vistantes presenciais" ao museo compostelán. Deste xeito, 2021 concluíu con máis de 36.000 visitantes, 10.000 máis que no exercicio anterior.

Durante este tempo, o CGAC acolleu 13 exposicións, tres delas vinculadas ao Xacobeo e varias asociadas a creadores galegos. Entre estas, Lorenzo resaltou 'Cultivar incertezas', centrada no 30 aniversario da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Ademais, o responsable de Cultura subliñou o crecemento dos fondos propios do CGAC, que alcanza xa as 1.300 pezas e que constitúe "unha das principais coleccións artísticas públicas que hai en Galicia".

De face a este ano, o próximo 11 de febreiro será inauguarada a exposición retrospectiva sobre o artista galego Suso Fandiño, unha mostra comisariada por Mónica Maneir. Así mesmo, o CGAC convocará a quinta edición do premio de ensaio sobre investigación da arte contemporánea en lingua galega e fixa como obxectivo "seguir aumentado a presenza" do museo en redes sociais.

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, nunha comisión do Parlamento galego. XOÁN CRESPO / XUNTA / Europa Press
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, nunha comisión do Parlamento galego. XOÁN CRESPO / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta