Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 16:14
Un terremoto de magnitude 4,7 rexistrado no Atlántico fronte ás costas de Galicia na tarde deste xoves sentiuse en varios municipios de varias provincias, como a capital Santiago de Compostela. Segundo a información actualizada polo Instituto Xeográfico Nacional, este tremor sucedeu sobre as 15,44 horas con epicentro a tres quilómetros de profundidade.
En varias localidades galegas, como a cidade de Santiago de Compostela, a veciñanza sentiu este sismo, que fixo vibrar mesmo mobiliario. Fontes do 112 Galicia indicaron a Europa Press que o servizo de emerxencias tamén recibiu chamadas de veciñanza de localidades costeiras como Porto do Son, Ribeira, e Vigo, así como de municipios do interior como Santiago, Ames e A Laracha, onde sentiron o tremor.
Previamente, ás 14,57 horas deste xoves, rexistrouse outro terremoto de magnitude 3,7 no Atlántico fronte á costa galega. Posteriormente a ambos, detectouse un terceiro tremor ás 15,58 horas deste xoves de magnitude 2,5 con epicentro tamén no Atlántico fronte á costa galega a tres quilómetros de profundidade.
Por parte do 112 Galicia manifestaron que, en principio, ata a data non teñen constancia de danos persoais nin materiais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.