Petición de firmas para mostrar o apoio a Tanxugueiras e en contra da decisión do xurado

Unha campaña en Change.org busca impulsar o voto en favor delas e amosar que "son as nosas gañadoras".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

As críticas ao xurado do Benidorm Fest que quixo deixar fóra da final a Tanxugueiras para representar o Estado español en Eurovisión non deixan de multiplicarse. De feito, a palabra "tongo" leva todo este xoves como trending topic en Twitter.

Tanxugueiras no Benidorm Fest. RTVE
Tanxugueiras no Benidorm Fest. RTVE

A comunidade eurofan que apoia a Aida Tarrío, Sabela e Olaia Maneiro consideran que a decisión tomada polo xurado, moi afastada do amplo apoio que as galegas recibiron a través do voto popular e do panel demoscópico, está empañada por certos favoritismos ou amaños. 

Por iso, a raíz desta polémica, veñen de crear unha campaña en Change.org como mostra de apoio a Tanxugueiras e co obxectivo de impulsar o voto en favor delas. "Visto que o xurado do Benidorm fest non quere que nos represente a mellor opción por estar interpretada en galego, imos amosarlles que somos moi fortes, e que as Tanxugueiras son as nosas gañadoras", explican na páxina da campaña. Polo de agora, a petición vai camiño de conseguir as 2.500 firmas. 

Tanxugueiras actuaron na primeira semifinal do Benidorm Fest na noite deste mércores e acadaron o segundo posto, só superadas pola proposta de Chanel. Así, o próximo sábado competirán na final do festival para tentar chegar a Eurovisión, que terá lugar no mes de marzo en Turín. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Santi

Non pode ser que 5 votos valan máis que toda a xente que votou polas Tanxugueiras, gañou unha concursante que solo fala de mover o cu e falar cartos, quitándolle importancia a letra das Tanxugueiras que representan a todas as mulleres loitadoras e raíces de Galicia, representando non solo o galego. Vergoña.