Asturias quere "o mellor resultado" para Tanxugueiras mentres que Mónica Oltra "votaría" polo trío galego

O director xeral de Política Llingüística agradece ao grupo galego o seu xesto ao integrar o asturiano entre os idiomas de 'Terra'. A vicepresidenta da Generalitat de València remarca que "son mulleres moi potentes".

Por Europa Press / Redacción | OVIEDO | 28/01/2022 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

O director xeral de Política Llingüística do Goberno asturiano, Antón García, indicou que desde a Consellería de Cultura confían en que Tanxugueiras obteña o "mellor resultado" no Benidorm Fest con 'Terra'.

Esta canción en galego inclúe a presenza da lingua asturiana xunto ao resto de linguas oficiais do Estado nunha frase. En declaracións a Europa Press, García explicou que en decembro trasladou por carta ás compoñentes do grupo Tanxugueiras o agradecemento de Cultura polo "xesto" de integrar a lingua asturiana entre as linguas que forman parte de 'Terra', a súa proposta para o Benidorm Fest.

"Hai que recoñecer o seu compromiso lingüístico e cultural, logrando singularizarse nun mundo como o da música, cada vez máis globalizado, sen ter que renunciar á súa identidade", explicou o director xeral, que confiou en que obteñan o mellor resultado no festival "coa súa composición, exemplo da pluralidade lingüística de España, e de respecto á tradición e irmandamento entre culturas".

"O seu éxito e a notable repercusión que están a ter proba o seu talento e que somos moitas as persoas que sentimos identificadas o seu amor ás raíces e á cultura que se expresa na lingua propia", sentenciou.

Tanxugueiras no Benidorm Fest. RTVE
Tanxugueiras no Benidorm Fest. RTVE | Fonte: Europa Press

MÓNICA OLTRA

A vicepresidenta portavoz da Generalitat, Mónica Oltra, avogou polas galegas Tanxugueiras para a candidatura española a Eurovisión, xa que lle parece unha proposta "fantástica" desde o punto de vista da lingua e a igualdade de xénero.

"Se tivese que votar, votaría Tanxugueiras: son mulleres moi potentes no escenario e gústame moitísimo a música", recoñeceu na súa comparecencia semanal tras o pleno do Consell ao preguntar pola súa favorita, aínda que remarcou que o goberno valenciano non falou sobre as finalistas do Benidorm Fest para a final do sábado.

Oltra explicou que non viu as semifinais en directo e esta mañá escoitou as cancións ao temerse a pregunta, ademais de engadir que o seu equipo lle preparou un argumentario. "A vicepresidenta debería dicir que gañen os valencianos, pero esa non sería eu", aseverou.

Por iso, sen ánimo de meterse nun "xardín", asegurou que votaría por Tanxugueiras porque cre que a súa música conecta moitas culturas europeas e que estas artistas modernizaron a canción tradicional. "É local, pero tamén global, e ademais cantan en galego", resaltou.

Preguntouse así por que España non pode ir a Turín cunha canción en lingua cooficial tras décadas desde o último intento de Serrat, cando lembrou que si participou en Eurovisión con propostas en inglés.

Á marxe da lingua, Oltra destacou que lle gusta que Tanxugueiras "son o centro do escenario e os bailaríns son mozos, ao revés do que adoita pasar", polo que cre que é unha proposta fantástica desde a perspectiva de xénero.

En calquera caso, subliñou que hai "moi boas propostas" entre as finalistas do Benidorm Fest e que lle gusta que haxa moitas voces femininas entre as favoritas. "Molleime, que me caia todo o peso de Twitter na cabeza, que lle imos facer", rematou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Porto

Eu non politizaría o festival de Benidorm. Magro favor se lle fai á música galega. Colocar a Tanxugueiras na órbita do BNG non lles favorece a elas nin ao país. Eurovisión é outra cousa. Espero que gañen e se non que sigan facendo boa música como ata de agora.

1 Riolo

Ya aburre Eurovisión, Tanxugueiras y tanta parafernalia casposa progre. Qué lleven para allá a Siniestro Total y ya verás como hay éxito seguro.