Temas: COMERCIO EMPRESA

Galicia gañou 49 empresas por cambios de sede en 2021

O comercio intrarrexional creceu un 14% en Galicia, por enriba da media estatal.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2022 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

Galicia gañou un total de 49 empresas no ano 2021 por cambios de domicilio de compañías, segundo recolle un informe elaborado por Informa D&B. Tras concluír 2020 cun saldo positivo de 45 empresas, o pasado ano pechouse con 49 compañías máis que facturaron un total 3 millóns de euros.

Valores do Ibex 35 no Palacio da Bolsa en Madrid
Valores do Ibex 35 no Palacio da Bolsa en Madrid | Fonte: Isabel Infantes - Europa Press - Arquivo.

Madrid é o destino preferente para as empresas galegas que saen do país. Á capital estatal vanse o 45%, seguida de Cataluña cun 12%.

Doutra banda, a Comunidade madrileña tamén é o principal destino de procedencia das que se instalan en Galicia, cun 47%; mentres que o 22% fano desde Cataluña.

COMERCIO INTRARREXIONAL

Por outro lado, o comercio intrarrexional en Galicia creceu máis que a nivel estatal, un 14%, fronte a media española do 10%, segundo datos achegados por Ceprede.

No caso de Galicia, segundo a análise de Ceprede, as exportacións interrexionais "consolidan" a súa tendencia positiva, cun ascenso do 47% (en algo máis de 5.000 millóns de euros), mentres que as importacións interrexionais crecen un 14,4% (superando por pouco os 2.000 millóns de euros).

Temas: COMERCIO EMPRESA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta