Os falecidos con coronavirus en Galicia aumentan a 2.918 con oito novas vítimas

Todos tiñan patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2022 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou a morte de oito persoas con coronavirus nas últimas horas en Galicia. O total de vítimas desde o inicio da pandemia é de 2.918. Estas oito persoas contaban con patoloxías previas.

Sanitaria nunha UCI de hospital
Sanitaria nunha UCI de hospital | Fonte: EFE.

Unha das defuncións produciuse o 26 de xaneiro, trátase dun home de 91 anos, falecido no Chuvi de Vigo.

Seis dos óbitos tiveron lugar o 27 de xaneiro: un home 85 anos (no CHUF), un home 91 anos (no Chuac), un home de 75 anos (no Chuvi), un home de 89 anos (no hospital de Valdeorras) e un home de 87 anos (no HULA).

Pola súa banda, esta listaxe complétase co falecemento dun home de 84 anos no CHUS de Santiago, que tivo lugar este mesmo venres, 28 de xaneiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta