Morre un home ao caer á auga desde unha embarcación no Club Náutico da Coruña

O falecido tiña entre 59 e 60 anos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/01/2022 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

Un home faleceu na mañá deste sábado ao caer á auga desde unha embarcación amarrada nunha dársena do Club Náutico da Coruña.

Segundo informan a Europa Press fontes do servizo de emerxencias, crese que o home, de entre 59 e 60 anos, se enrrollou nos aparellos, caeu á auga e faleceu no momento.

O corpo do home foi atopado flotando na auga sobre as 10,15 horas. Foron avisados, entre outros, bombeiros, Policía Local e Nacional.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta