Morre unha persoa en Touro tras saírse o seu vehículo da estrada

O sinistro produciuse esta mañá, á altura de Loxo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2022 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu este domingo no municipio coruñés de Touro tras saírse o vehículo que conducía da estrada.

Segundo avanzou o 112 Galicia, o vehículo saíuse da vía esta mañá ao seu paso por Loxo.

Informan ademais de que se pasou aviso aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil da localidade.

Unha ambulancia á entrada dun hospital
Unha ambulancia á entrada dun hospital | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta