Homenaxean cun partido de fútbol a un deportista e mestre lalinense falecido subitamente

José Manuel Cangado Muiño era mestre e deportista moi coñecido na vila.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/01/2022 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

A familia de José Manuel Cangado Muiño,  mestre e deportista lalinense, falecido subitamente aos 38 anos de idade, o pasado 17 de febreiro de 2021, anuncian a realización dunha homenaxe na súa memoria que terá lugar o próximo sábado 5 de febreiro de 2022, día no que se celebraría o seu aniversario.

José Manuel Cangado
José Manuel Cangado | Fonte: remitida

Ese día, José Manuel Cangado faría 39 anos.  Por iso, case un ano despois do seu falecemento, pero con motivo do seu nacemento, a súa familia e amizades renderanlle unha emotiva homenaxe. Será a partir das 16.00 e constará dun partido de fútbol no que participarán un combinado de xogadores dos equipos polos que pasou durante a súa traxectoria futbolística contra o equipo de veteranos Lalín 2001 último equipo no que militou.

O acto homenaxe desenvolverase no estadio lalinense Manuel Ángel Cortizo. "Ao final do mesmo, as persoas que o desexen poderán acompañar á súa familia ao cemiterio para compartir xuntos uns momentos máis de cariño", apuntan os impulsores da homenaxe nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta