Denuncian que tras 4 anos de 'Compostela Rupestre', os petróglifos seguen "inaccesibles ou rodeados de toxo"

Diversos colectivos censuran o malgasto de diñeiro e a deficiente xestión.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2022 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A posta en marcha do proxecto 'Compostela Rupestre' por parte da Deputación da Coruña e os concellos de Ames, Brion, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra, após catro anos, non serviu para nada en canto ao coidado de petróglifos "permanentemente ameazados". Iso veñen de denunciar as asociacións 'UMIA VIVO' e a 'Irmandade Illa de Tambo' xunto ao 'Colectivo poa defensa do patrimonio A FORNEIRIÑA e o 'Colectivo poa defensa do territorio ANOVATERRA'.

Petróglifos da Revolta da Palla, en Villestro, Santiago, danados por maquinaria pesada
Petróglifos da Revolta da Palla, en Villestro, Santiago, danados por maquinaria pesada | Fonte: Colectivo A Rula

Moi críticos coas diversas administracións públicas implicadas no proxecto, estas entidades sosteñen que "non se cumpriu dende a sua creación con ningunha das prioridades para a xestión dos petróglifos". Así, e segundo censuran, a pesares do orzamento de 500.000 euros previsto para 'Compostela Rupestre', os gravados rupestres dos concellos atópanse "inaccesibles ou rodeados de toxo".

"Alá van preto de catro anos perdidos e 120.000 euros gastados en burocracia e propaganda", lamentan ao tempo que reproban que 'Compostela Rupestre' utilice o "traballo alleo de asociacións e colectivos" para a súa propaganda. Neste senso, indican que é especialmente "grave" o caso do Concello de Santiago, pois "limita o investimento público á promoción e información turística da Catedral e o casco histórico da cidade, ocultando o patrimonio disperso polo territorio, en especial os petróglifos".

Ademais, as entidades apuntan que os responsables do proxecto non atenderon ás reclamas que fixeron ao comezaren a inciaitiva: "No 2018 mantivemos entrevista con eles insistindo na necesidade actuacións concretas de desbroce e sinalización, tendo en conta os reiterados precedentes de afeccións por incendios, obras ou traballos forestais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta