A construción de novos edificios baixa un 10% en Galicia en outubro

A rehabilitación tamén sofre un lixeiro descenso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2022 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

Un total de 187 licenzas para edificacións de nova planta concedéronse en Galicia en outubro de 2021, o que supón un 10% menos que no mesmo mes dun ano antes, segundo datos publicados este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Deste xeito, construiranse 173 novas vivendas, neste caso supoñen un centenar menos que un ano antes, cando as licenzas foron para 274. A rehabilitación tamén sofre un descenso, con licenzas para 148 edificios, cando en outubro de 2020 foron 150. As vivendas a rehabilitar son 54, unha máis en comparativa interanual.

Pola súa banda, concedéronse licenzas para demoler 13 edificios (8 vivendas). En outubro de 2020 foron 20 edificios (12 vivendas).

Niño dunha parella de cigoñas nunha grúa da construción en Ourense
Niño dunha parella de cigoñas nunha grúa da construción en Ourense | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta