Os socialistas galegos urxen á Xunta "solucións" para Alu Ibérica mentres o BNG aposta por rescatar a planta

O presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, pediu ao Goberno "valentía" e que a SEPI se faga cargo da planta, aínda que sexa de forma temporal.

Por E.P. | A CORUÑA | 31/01/2022 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, demandou á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Industria "solucións" para garantir a viabilidade da planta de Alu Ibérica na Coruña. Pola súa banda, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, pediu o "rescate" da mesma.

Ambos mantiveron unha reunión con representantes do comité de empresa cuxo presidente, Juan Carlos López Corbacho, volveu a solicitar a entrada da SEPI na fábrica.

Tras a reunión, nun comunicado, os socialistas lamentaron a situación de "incertezas absolutas e de falta de compromiso e de calidade" que viven os traballadores e remarcou que "como país non nos podemos permitir perder esta factoría".

Para iso, propuxo a consecución dun prezo da enerxía que sexa "sustentable para a produción e dea viabilidade á planta" e a procura dun investidor "solvente".

Desde o BNG, o seu deputado no Congreso Néstor Rego manifestou que sería "unha irresponsabilidade abandonar este sector" e indicou que reclamarán a intervención da planta. "A SEPI ten que facerse cargo da planta aínda que sexa de maneira temporal", engadiu.

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, pediu ao Goberno "valentía" e que a SEPI se faga cargo da planta, aínda que sexa de forma temporal. "Quen non conten co persoal se veñen especular cos activos planta", advertiu sobre os posibles investidores.

O secretario xeral do PSdeG,Valentín González Formoso, e outros dirixentes do partido reúnense con membros do comité de Alu Ibérica. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG,Valentín González Formoso, e outros dirixentes do partido reúnense con membros do comité de Alu Ibérica. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta