A TVG pecha xaneiro con rexistros por enriba dos obtidos en 2021

Tivo unha cota de pantalla do 10,4% no conxunto do día e no 'prime time' creceu ata o 11,2%.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/02/2022 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

A CRTVG destacou que a Televisión de Galicia continúa "crecendo", ao terminar o mes de xaneiro cunha cota de pantalla do 10,4% no conxunto do día e que o prime time creceu ata o 11,2%, por encima da media alcanzada no 2021 (10,1%). O ente xplica que este inicio do ano estivo marcado de novo polo liderado informativo.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, nunha entrevista na TVG
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, nunha entrevista na TVG | Fonte: BNG.

Neste sentido, apunta que o seguimento da información de proximidade na franxa informativa do mediodía, entre as 13,30 horas e as 15,30 horas, eleva a audiencia do 'Galicia noticias' e o 'Telexornal mediodía' ata o 20%, de luns a venres, superando ao competidor máis próximo en 2,2 puntos de cota (Antena 3, cun 17,8%).

Ademais, no prime time, a Galega mantén a segunda posición, destacando as cotas alcanzadas os martes (11,4%), coa emisión de '48 horas para o si'; dos xoves (12 %) con 'Land Rober Tunai Show', e dos venres (11,9 %) con 'Luar'. Deste xeito, seis dos sete días da semana a CRTVG supera o 10% de audiencia, o que, segundo a entidade, mostra o "gran grao de penetración e sintonía coa cidadanía da grella dos medios públicos".

A corporación destacou que xaneiro foi tamén un mes de crecemento no ámbito dixital. Así, indicou que se converteu na primeira canle de España en combinar de forma simultánea a emisión a través da TDT, da Radio Galega, da súa canle na plataforma Twitch e tamén en Youtube.

Segundo lembrou, fíxoo a pasado fin de semana para acompañar ás Tanxugueiras na gala final de selección do representante español en Eurovisión 2022, nunha emisión múltiple que reuniu a case 300.000 persoas na noite do sábado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Sempre quixen saber que empresas están detrás do índice Share ? Como se reparten os dispositivos de audiencia ? Cada canto tempo se modifica a mostra sociolóxica dos audímetros ? etc. Será que nunca atopei unha explicación transparente deste índice ? Será...