A Xunta lamenta as "escusas" do Goberno central para "xustificar" que non se esgotase o crédito do Plan Moves

"Non hai un problema de tramitación de solicitudes, senón de que as condicións provocaron que empresas e particulares desistisen", alega.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/02/2022 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

A Xunta lamentou que o Goberno central, tras "negarse" a desenvolver coas comunidades un modelo de xestión do deseño previo do Plan Moves, trate agora "de buscar escusas para xustificar os motivos" polos que a segunda edición desta convocatoria non esgotou o crédito orzamentario.

Puntos de recarga de Endesa para coches eléctricos no Hospital da Esperanza de Santiago
Puntos de recarga de Endesa para coches eléctricos no Hospital da Esperanza de Santiago | Fonte: ENDESA.

E fronte ás críticas recibidas por parte do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, replicou que "non se trata dun problema de tramitación das solicitudes".

Segundo a Xunta, o que sucede é que "as condicións" marcadas polo Goberno para acceder a estas axudas provocaron que particulares e empresas "desistisen de presentar a súa petición".

Esta situación, segundo traslada o Executivo autonómico, "contrasta co éxito do actual programa Renove Automoción deseñado pola Xunta da man do sector".

Neste caso, lembrou que o crédito para as solicitudes de particulares (2,1 millóns) esgotouse aos dous días da súa apertura, quedando só dispoñibles agora mesmos fondos para as empresas. Por este motivo, conclúe que desde que se abriu a convocatoria o 17 de xaneiro recibíronse máis de 1.200 solicitudes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta