Adega celebra o 'Día Mundial das Zonas Húmidas' eliminando invasoras e descubrindo biodiversidade

As actividades que organiza desenvolveranse no espazo Ramsar de Baldaio e na prais e lagoas do Rostro.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 02/02/2022 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Co gallo do 'Día Mundial das Zonas Húmidas', que se celebra hoxe día 2 de febreiro, a asociación ecoloxista ADEGA leva á práctica o lema escollido para este ano 2022 'Actúa polas zonas húmidas'. Así, a asociación conservacionista organiza actividades que van máis aló do día de hoxe. En concreto, desenvolverá dúas actividades abertas á cidadanía coa finalidade de "garantir a súa conservación e uso de maneira sustentábel".

Papaventos na praia do Rostro de Fisterra
Papaventos na praia do Rostro de Fisterra | Fonte: certo.es

A proposta de ADEGA estenderase a toda a semana, dende este mércores día 2 de febreiro que, coincidindo co 'Día Mundial das Zonas Húmidas', realizarán no espazo Ramsar de Baldaio, en Carballo, unha descuberta de biodiversidade. Ademais, xa o sábado día 5 na praia e lagoas do Rostro, en Fisterra, eliminarán flora exótica invasora. 

O Día Mundial das zonas húmidas celébrase todos os anos o 2 de febreiro para sensibilizar á cidadanía sobre o valor ambiental e social destes ecosistemas, sendo tamén o aniversario da Convención sobre ascetaonas húmidas, que foi aprobado como tratado internacional no ano 1971.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta